Aarón Franco Outón
(abril de 1986), Marín.
Fillo e neto de proletarios.
Licenciado en historia (USC), especializado en Historia contemporánea e Estudos americanos.
Mestre desde o ano 2011 e colaborador habitual do xornal A nova peneira desde o ano 2014, onde ten combinado a faceta de entrevistador coa escrita de artigos de opinión.
Na trincheira do compromiso social desde a súa adolescencia, toma contacto coa lírica por primeira vez no ano 2007. Será moitos anos despois cando estes primeiros poemas xunto con outros que irán xurdindo polo camiño, comecen a ver a luz progresivamente desde diferentes canles, sendo fundamental no seu camiño poético a participación en certames literarios e recitais poéticos.
Punto e coma é a súa ópera prima, un exercicio emocional no que navegar cara á salvación é o obxectivo final.